TERMOS E CONDICIÓNS
Coa firma deste documento vostede estase a comprometer co cumprimento da normativa de Sondanza e aceptando todas as súas condicións.
Os pagos realizaranse sempre do 1 ao 7 de cada mes xa sexa mediante suscripción ou en efectivo na recepción de Sondanza.
No caso de non abonar a mensualidade no período establecido aplicarase un recargo de 5€ sobre a cuota mensual e, no caso de non realizarse o pago antes do día 15, Sondanza pasará o recibo directamente polo banco. En domiciliacións, no caso de recibir un recibo de volta, aplicarase tamén o recargo de 5€.
As baixas deberán realizarse antes do día 21 do mes e serán aplicadas no mes seguinte. Sólo se considerarán válidas as baixas comunicadas por correo electrónico a info@sondanza.es. Por exemplo, se quixeramos darnos de baixa no mes de xuño, habería que comunicalo antes do 21 de maio. En caso de non abonar a cuota dun mes, poderase negar a entrada ao estudante nas vindeiras clases.
Sondanza non fai clases de proba gratuitas, polo que, tanto a matrícula, como as clases deberanse abonar dende o momento no que se entra a unha clase independentemente de que se asista ou non ás mesmas con regularidade e seguiranse abonando ata o momento no que a baixa comunicada previamente por email entre en vigor. O custe das clases de proba é de 10€ que se descontan posteriormente da matrícula no caso de inscribirse no mesmo día.
O alumnado está obrigado a respetar as normas de convivencia do estudio de danza Sondanza así como as normas de hixiene e mantemento do espazo.
- Nas salas é obrigatorio o uso de calzado específico de danza ou, polo menos, calzado que non se use na rúa e que estea limpo.
- Nos vestiarios hai que ser ordenados deixando as cousas nos espazos habilitados e en ningún caso deixaremos abrigos, mochilas e obxectos persoais dentro das salas agás nos cubiletes habilitados para esto.
- O uso do teléfono móbil está prohibido no interior das aulas.
- Calquera falta de respeto grave cara o profesorado ou calquera integrante do alumnado.
O incumplimento dalgunha estas normas será motivo de expulsión do centro. Sen opción a reclamación de devolución das cuotas pagadas ata ese momento.
PROTECCIÓN DE DATOS
En nome de Sondanza e en cumprimento co Regramento Xeral (UE) 2016/679 de Protección de Datos informámoslle de que os seus datos personais atópanse incluidos nas Actividades de Tratamento das que é resposable Raquel Pombar Lourido e que se utilizan co fin de prestarlle os servizos solicitados. Os datos proporcionados conservaranse sempre que se manteña a relación comercial o durante os anos necesarios para cumplir coas obrigas legais. Os datos non se cederán a terceiros salvo nos casos en que exista unha obriga legal. Pode exercitar os seus dereitos de acceso, retificación, supresión, liitación, oposición e portabilidade en calquera momento, mediante escrito e acompañandoo dunha copia dun documento oficial que lle identifique dirixido a Sondanza. Avda de Ferrol, 25, baixo esq. 15706. Santiago de Compostela (A Coruña).